O Lugo Cultural mantén a súa “programación diversa” nunha edición de abril 2022 que se achega máis á comunidade universitaria con concertos, teatro, danza e videocreación.

O menú deste nova edición do Lugo Cultural mantén o Festival de Teatro Universitario ou Encontro Universitario de Danza, o programa de visitas guiadas e musicadas á Domus do Mitreo ‘Noites na Domus’, os ‘Xoves de moda’, ‘Lubicán íntimo’ ou o certame de videocreación ‘Findecurta’.

A programación deseñada pretende asemade afondar na conexión entre o campus e a cidade a través da organización de actividades en emprazamentos da sede universitaria, por exemplo, concertos, do grupo lugués Los Jorobados del Miño na Facultade de ADE, ou Cora Velasco na Facultade de Veterinaria.

O obxectivo de achegar a oferta cultural promovida desde a USC á propia comunidade universitaria pretende facilitar a participación do alumnado e tamén de docentes nesta programación lúdica, ademais de servir de estímulo para que os propios universitarios desenvolvan o seu potencial artístico.

Festival de Teatro e Encontro de Danza

O 28 Festival de Teatro Universitario e a vixésima edición do Encontro Universitario de Danza converterán a capital luguesa do 18 ao 30 de abril nun escenario artístico no que gozar do talento universitario.

A nova convocatoria do festival de teatro contará nesta edición coa participación das compañías de teatro da USC en Compostela e Lugo, así como da formación integrada por alumnado do IV Ciclo Universitario e tamén de dous grupos chegados do Campus de Ourense da UVigo e da Universidade de León.

As representacións teatrais serán no auditorio municipal Gustavo Freire, onde o 18 de abril haberá tamén un ensaio aberto a cargo da compañía de teatro USC-Lugo que dirixe Aarón Navia. Ese mesmo día, o grupo Vaites Teatro, integrado por alumnado do IV Ciclo e dirixido por Marga Portomeñe, fará a lectura dun texto dramatizado ás 20.00 horas na Casa do Saber de Lugo.

A vixésima edición do Encontro Universitario de Danza reunirá os día 21 e 22 de abril no Vello Cárcere de Lugo seis compañías universitarias de danza da USC e da Uvigo, que presentarán cadanseu espectáculo en sesións abertas ao público en xeral. 

A compañía USC-Compostela + Pandereteiras USC presentará ‘Espertares’ o 21, a partir das 21.00 horas, no Vello Cárcere, onde actuarán de seguido a compañía D-ou-tras, do Espazo de Danza da Uvigo en Ourense e a compañía de danza USC-Lugo, dirixida por Juan Carlos Zahera. As compañías da USC e a formación SanTango, volverán a actuar ao día seguinte no mesmo escenario.

O vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo Francisco José Fraga López
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación das actividades do Lugo Cultural 2022, organizado pola Área de Cultura do Campus Terra coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo, para este mes de abril.
Profesorado de teatro, danza...
Profesorado de teatro, danza...
Programa do XXVIII Festival de Teatro Universitario