boletín de información cultural de Lugo

A área de Cultura retoma a edición semanal do boletín de información cultural de Lugo coa axenda de eventos culturais na cidade e información de interés sobre os centros culturais. Ademáis adiantará actividades previstas a medio prazo.

O boletín recollerá, ademais, información da actividade de institucións como a Deputación de Lugo ou a USC, e de iniciativas de promotores culturais recoñecidos.

As persoas que o desexen recibir por correo electrónico  deberán anotarse previamente no 010. Tamén poderase descargar da web do concello – ver boletín do xoves 14 ao mércores 19 de febreiro de 2020