XAN 2018 O Vello Cárcere de Lugo, como espazo colaborador a través do Concello, do programa «Residencias Paraíso 2018», da a oportunidade de acoller un proxecto artístico, de investigación e creación arredor, da danza e as artes do movemento

Residencias Paraíso é un programa do Colectivo RPM, entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, en colaboración, entre outros, da Axencia Galega das Industrias Culturais e a Xunta de Galicia. Pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das companías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación.

Ademáis do Vello Cárcere, pódese optar a outras sedes en distintos puntos de Galica xa que buscan ter oito proxectos en residencia, cunha dotación de 18.000 euros en total – entre 1.500 e 3.000 euros por proxecto –  nos diferentes espazos colaboradores entre mediados de marzo e finais de novembro de 2018. O prazo de envío da información necesaria para participar nesta edición pechará o día 12 de febreiro e está aberta a artistas do territorio galego e do panorama nacional.

A selección dos proxectos será levada a cabo por unha comisión formada por tres profesionais das artes vivas do panorama local e nacional e dous artistas do Colectivo RPM. Valorarase a integridade artística da proposta, o grao de madurez e solidez do proxecto, a relación entre o proxecto e o territorio, así como as prácticas de programación expandida que poidan arroupar a estancia durante a
residencia.

Bases e máis info de Residencias Paraíso nesta ligazón