As proxeccións de E.T. e A praia dos afogados do venres e as de Perez 2 e Pulp Fiction o domingo gozaron dun cheo total en tódolos pases do autocine promovido pola área de Cultura no aparcadoiro do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Un centenar de vehículos por sesión gozaron dos filmes nunha pantalla Led de 24 metros cadrados recibindo o son no propio equipo, a través de FM.

Este domingo o autocine estará en Sarria, a carón
do Campo da Ribela, onde se poderán ver Os Goonies ( 17.00 horas) e Gran Torino (19:45 horas). Entradas no seguinte link. 

Autocine en Lugo.