Documental - Manuel Quiroga

O Club Cultural Valle-Inclán únese á Sociedad Filarmónica de Lugo, que celebra os 75 anos da súa fundación, e réndelle homenaxe coa proxección
de dous documentais:

Día 16 de febreiro: Manuel Quiroga. Dirección, Sandra Sánchez. Guión, Sandra Sánchez, Daniela Arias-Andreu, Pepe Coira. Documental. (2015)
Galicia. 62 min. VOG. Presenta, Pepe Coira.

Achegámonos á figura do Maestro Quiroga ante a actuación en Lugo do “Cuarteto Quiroga”, que o honra tomando o seu nome, en concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Lugo e que se celebrará o sábado 19/02

Día 23 de febreiro: Os tomates escoitan a Wagner. Dirección, Marianna Economou. Documental. (2019) Grecia. 72 min. VOSE.

Música clásica para escoitar non só na sala de concertos ou no salón da casa. Unha historia entrañable sobre o poder das relacións humanas e a
importancia de reinventarse en época de crise, coa axuda da música de Wagner e outros clásicos

Proxeccións na Sala da Casa do Saber, en sesión de 18:00 horas.

Entrada libre e de balde ata completar aforo. Máscara obrigatoria.