
- Este evento ha pasado.
A sombra da Muralla
27 de noviembre, 2020 - 18:30 - 30 de noviembre, 2020 - 18:30

Entre o 27 e o 30 de decembro, entre as 18:30 e as 22:30, as portas da Muralla ubicadas en Bispo Aguirre, San Pedro, Falsa, Miñá, Nova e Santiago acollerán a instalación lumínica A sombra da Muralla, deseñada pola artista Luisa Álvarez para conmemorar este aniversario. “Nas portas da Muralla realizarase unha instalación artística de luz que representará as siluetas de todas as persoas que camiñaron a través dos muros do noso monumento máis preciado, evocando os diferentes períodos polos que pasou a Muralla durante miles de anos”, explicou Maite Ferreiro. A edil de Cultura animou á veciñanza “a fotografar as súas sombras, que quedarán como testemuño da súa presencia na celebración desta data”.
O broche final d’A sombra da Muralla terá lugar na praza de Santa María o luns 30, entre as 18 e as 22 horas, cunha instalación efémera de luz na que, baixo o nome de Trampa de Vagalumes, se agasallará cun vagalume de luz a cada persoa que se achegue para contar coa participación da veciñanza nesta data.