lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

– SUSPENDIDO- Debate informal: Populismo, verdade ou lenda urbana?

11 de abril, 2018 - 20:00

SUSPENDIDO

OJO: SUSPENDIDO

Práctica política que, baixo a pretensión de defender os intereses populares, utilizando mesmo a demagoxia, trata de conseguir o apoio político do pobo.

Así define populismo o Dicionario da Real Academia Galega. Con pinceladas como «…baixo a pretensión de…» ou «…utilizando mesmo a demagoxia…» píntanos como negativo un concepto que desde hai uns anos se fixo omnipresente á hora de falar de política no mundo occidental.

Pero… desde cando hai populismo? É malo per se? Por que se fala agora de populismo? Quen son os populistas? Só aqueles aos que llelo chaman?

Para conversar de todo isto achegamos a Lugo a Antón Losada, un dos analistas políticos máis recoñecidos do país, profesor do Dpto. de Ciencia Política e Socioloxía da USC, e que leva opinado moito sobre o tema en diversos medios de comunicación

Lugar: cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Antón Losada – twitter-

Promove: Proxéctate en galego -fb-

Detalles

Fecha:
11 de abril, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X