
- Este evento ha pasado.
Inauguración da mostra «Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela»
1 de septiembre, 2021 - 19:00
Inauguración da mostra «Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela»
O vindeiro luns, día 1 de setembro, ás 19 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, terá lugar a inauguración da mostra Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela, co lema de “lugares únicos, heroínas e anfitrións”.
Trátase dunha mostra fotográfica, integrada por medio cento de imaxes da ruta xacobea que descorre pola Ribeira Sacra lucense, ademais de paisaxes e monumentos, que a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago (Alumni USC) presenta na cidade das murallas coa colaboración da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museísica, durante o mes de setembro no Pazo Provincial.
Alumni USC asumiu o reto de plasmar nunha exposición a “realidade viva” do Camiño de Inverno, destacando o traballo das persoas que contribúen ao seu desenvolvemento, con especial atención á economía rural e social, tal como explica Ortigueira, comisario da exposición.
“Este traballo de investigación supuxo retratar a cada persoa na súa ocupación ou coa que ten un vínculo especial. Todas e cada unha amosáronse receptivas a esta iniciativa, sendo conscientes de que cómpre unha maior colaboración e coordinación entre as Administracións Públicas e as asociacións sociais e culturais, para engrandecer e proxectar o Camiño de Inverno. Entre outros, aparecen os retratos de amigos do Camiño, pousadeiras e guías, empresarios e traballadores, un párroco e un sancristán, etcétera”, segundo engade o comisario.
As imaxes represéntanse en formatos aproximados de 70 x 100 cm, inclúe catro grandes paneis explicativos da ruta e recursos diversos, así como un mural con fotos feitas polos camiñantes da propia entidade universitaria.
O acto de apertura celebrarase o primeiro de setembro ás 19 horas coa asistencia da vicepresidenta do corporación provincial, Tareixa A. Ferreiro Tallón; a xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago; o vicepresidente de Alumni USC, Carlos Herrero, e o comisario-autor da exposición, José Manuel Ortigueira.