9.4 C
Lugo
Lun, 4 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de libro homenaxe a Xesús Mato

17 de enero - 20:00

Presentación de libro homenaxe a Xesús Mato

Martes, 17 de xaneiro, 20,00.- Salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo
(Biblioteca Nodal).

Intervirán Xesús Mato, Valentín García, Marisol Bravos, Ángel Fernández e Xulio Xiz.

Con entrada libre, e con entrega de cadanseu exemplar do libro aos asistentes.

O libro, publicado por Brandán Comunicación, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, a través de 166 páxinas, é un percorrido pola traxectoria vital de Xesús Mato e Mato, co gallo de cumprir 90 anos o pasado 29 de outubro, e medio século da creación do grupo “Fuxan os ventos”, da que foi alma mater, sendo tamén da súa autoría a letra e a música da canción que deu nome ao grupo.

No libro, ademais do resume que fai Xesús Mato do seu camiñar pola vida, e os textos de presentación de Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Educación, F.P. e Universidades), José Manuel Mato (Alcalde de Paradela) e dos coordinadores da publicación, participan Alfonso Blanco, Marisol Bravos, José Crespo, Ángel Fernández, Marcos Fernández, Valentín García, Mero, Manuel Lombao, Arximiro López, Mini, Eloy Rodríguez, Santiago Rodríguez, Carlos Rodríguez, Isidoro Rodríguez, e Lola Tourón.

Detalles

Fecha:
17 de enero
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Provincial de Lugo
Avda Ramón Ferreiro
Lugo,
+ Google Map