
- Este evento ha pasado.
Tarde e tardiña – Poi
21 de julio, 2022 - 18:00

Tarde e tardiña – Poi de CIA D´ES TRO
Idade recomendada: A partir de 4 anos.
Sinopse:
Unha personaxe atrapada dende a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida.
Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxetivo deste espectáculo de carácter contemporáneo.
POI responde a unha busca física de malabares e manipulación, pero tamén a unha investigación artesá ao respecto da construcción de buxainas que o propio artista deseña e constrúe.
Esta exploración de diferentes tipos de madeiras, formas e puntas de apoio permitíronlle a creación de buxainas persoais e especiais como por exemplo unha das buxainas máis grandes do mundo lanzada por unha soa persoa cun peso de 45 kg que o propio artista lanza cunha corda de máis de 15 metros.