jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Visita guiada teatralizada polo Cemiterio Municipal

19 de mayo, 2019 - 17:30

Visitas teatralizadas gratuítas ao Cemiterio de San Froilán

Este domingo 19 de maio, nova visita guiada teatralizada polo Cemiterio Municipal

A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta, pero para participar é preciso retirar invitacións, no Edificio de Novas Tecnoloxías, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres, e de 17:00 a 21:00 horas, o sábado

O Concello ten preparada para este domingo, , unha nova visita guiada teatralizada polo Cemiterio Municipal de San Froilán, coa que a entidade local buscar dar a coñecer a historia deste espazo e da cidade a través dos ollos das personalidaes que descansan entre os seus muros, a través da intervención teatral Quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro. Nestas visitas, que arrincaron en febreiro, fanse paradas en distintos elementos destacados do camposanto.

Concretamente, esta visita xirará ao redor da tertulia que se montaba na Farmacia Figueroa, punto de encontro de literatos e poetas. Nela falarase, entre outros, de persoeiros como Uxío Novoneyra, Ánxel Fole ou Luis Pimentel.

A programación, que continúa o 23 de xuño, é unha aposta máis polo cemiterio, como un elemento turístico importante de Lugo e como un elemento de recoñecemento; pola historia e teatro.

Sen invitación non se permitirá o acceso ao recinto.

Detalles

Fecha:
19 de mayo, 2019
Hora:
17:30
Categoría del Evento:
X