Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron as citas literarias coas que desde a área de Cultura se renderá homenaxe ás autoras e autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas. “Debido á imposibilidade de organizar as actividades habituais, decidimos render homenaxe ás nosas escritoras e escritores máis destacados nas rúas de Lugo”.

“A pesar da crise sanitaria, desde a área de Cultura viamos necesario celebrar unha data tan importante para a nosa literatura como é o Día das Letras Galegas” afirmou Maite Ferreiro. A edil de Cultura animou á veciñanza a “aproveitar as saídas á rúa para atopar as citas durante os seus paseos”. Segundo a edil de Cultura, «tamén se levarán a cabo accións expansivas e participativas a través das redes sociais». Maite Ferreiro agradeceu ao artista Iago Eireos a súa colaboración coa área de Cultura na realización desta homenaxe.

Fotografía de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron as citas literarias coas que desde a área de Cultura se renderá homenaxe ás autoras e autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua distribuíu polas beirarrúas de Lugo 50 citas literarias de Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Luís Pimentel, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Leiras Pulpeiro, Lamas Carvajal, Francisca Herrera Garrido, Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz Andrade, Álvaro Cunqueiro, María Mariño Carou, Lois Pereiro, Roberto Vidal Bolaño, Díaz Castro, Manuel María, María Victoria Moreno, Carlos Casares e Carvalho Calero