A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que mañá sábado 23/04, co gallo da celebración do Día do Libro, todas as persoas que se acheguen á Casa do Concello entre as 12 e a as 14 horas recibirán un libro como agasallo.

“Entregaranse a todas as veciñas e veciños unha serie de obras procedentes do fondo bibliográfico municipal”, explicou Maite Ferreiro.

A edil de Cultura lembrou que “puxemos en marcha esta iniciativa o ano pasado, conseguindo que centos de persoas se achegaran ao Concello a conseguir un libro en galego procedente do fondo que garda a concellería de Cultura”.