Xornada - O humor na literatura de tradición oral

a Xornada de Literatura de Tradición Oral, que se celebrará o vindeiro 24 de outubro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ten ao humor nos xéneros da literatura tradicional popular como eixe do programa  da xornada, que contará con relatorios de Quico Cadaval, Xose Lois González “O Carrabouxo”, Paula Carballeira e Suso Lista.

Na presentación, Lois Pérez explicou que o humor “é un trazo preeminente na literatura de tradición oral, moi arraiago e vencellados as clases populares e traballadoras, fundamentalmente radicadas no rural” e incidiu en que “o humor galego dase na súa mellor versión, vencellado á retranca, á ironía, dase de arriba para abaixo. En boa parte dos contos de tradición oral aparecen as chanzas co poder económico, eclesiástico, cos señoritos chegados da cidade”.

“A área de Cultura da Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa Asociación de Escritores en Lingua Galega desde hai case trece anos, e precisamente na súa orixe está a organización destes encontros de estudo e análise da literatura tradicional, que se veñen celebrando de forma continuada desde aquela”, explicou a vicepresidenta da Deputación, quen agradeceu tamén “a implicación da Aelg na actividade cultural tanto da cidade como do resto da provincia”.

Na mesma liña, Antonio Reigosa puxo en valor “as actividades e recursos xerados nos últimos anos arredor da colaboración coa área de Cultura da
Deputación de Lugo, de interese para o país e para colectivos tan importantes como o do ensino”.

Inscricións

A xornada conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por 8 horas. As persoas interesadas nesa certificación
deberán facer a matrícula a través da páxina web da Asociación Socio-pedagóxixa Galega (AS-PG) ata o 22 de outubro. As persoas que non
estean interesadas no certificado homologado e unicamente queiran un certificado de asistencia da AELG deberán facer a inscrición no correo
electrónico oficina@aelg.org. No desenvolvemento da actividade aplicaranse as limitacións de aforo e os protocolos sanitarios vixentes.

PROGRAMA

10:15 Recepción, entrega de material e inauguración

10:30-11:30 Conferencia «Humor salgado» Suso Lista 

11:30-12:30 Conferencia: «A ágora da taberna» Quico Cadaval

12:30-14:00 Mesa redonda: O segredo do humor – Quico Cadaval e Suso Lista – Coordina: Antonio Reigosa

16:00-17:00 Conferencia «Rir do mundo, comezando por nós. Algúns mecanismos do humor nos contos tradicionais.» Paula Carballeira

17:00-18:00 Conferencia: «Humor e lingua» Xosé Lois González «O Carrabouxo»

18:00-19:30 Mesa redonda: Anatomía da retranca – Paula Carballeira e Xosé Lois González Vázquez «O Carrabouxo» Coordina: Lois Pérez

19:30-20:30 Sesión práctica: «Contaba morrer»- Lois Pérez