Ciclo de música electroacústica e da arte sonora en Lugo - Sons Creativos 2020

Os 12º Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación: o mundo da música electroacústica e da arte sonora, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, e contando coa colaboración, como codirector, do artista sonoro e compositor Xoán-Xil López.​

As propostas electroacústicas e de arte sonora deberían de ampliar a súa marxe de difusión e a Área de Cultura da USC a través desta plataforma quere colaborar a que isto sexa unha realidade.

Continuando coa liña marcada nas pasadas edicións, estes SONS CREATIVOS proxéctanse co obxectivo de impulsar o diálogo entre propostas da escena local e internacional e a colaboración con outras institucións (universidades, fundacións, etc.) que dedican un importante esforzo ao apoio da creación sonora contemporánea.

Nesta ocasión contaremos coa presenza do músico e performe LAR LEGIDO e dos proxectos FONOGENIA e COLAPSO COLECTIVO. Ademais INMACULADA CÁRDENAS, EFRAIM DÍAZ e MÓNICA ÁLVAREZ, membros do GCSUS, presentaran algúns dos seus recentes traballos.

PROGRAMA

INMACULADA CARDENAS E MÓNICA ÁLVAREZ + EFRAÍM DÍAZ («ESPECTRO BRANCO» Obra para pito pastoril e electrónica en vivo. Estrea absoluta.) DATA: 22/10/20120

HORA: 20.30 H
LUGAR: Casa do Saber Praza Pío XII, nº 3, 27001 Lugo
Entrada libre ata completar aforo ( limitado a 20/30 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

COLAPSO JAM DATA: 23/10/2020

HORA: 20.30 H
LUGAR: Casa do Saber Praza Pío XII, nº 3, 27001 Lugo
Entrada libre ata completar aforo ( limitado a 20/30 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.
Nesta ocasión, membros de COLAPSO COLECTIVO farán unha sesión de improvisación visual e sonora na que unha exquisita colección de rexistros sonoros son manipulados por LCTRCT (Dj) aos pratos, fundíndose coas densidades texturais electrónicas nas mans de CHE GARRIDO (síntese modular), e cos drons acústicos do cello (CORDA). Un universo audible que se expande cara o visual a través dos procedementos máis experimentais do Live cinema analóxico elaborados por M8 formando un despregamento caleidoscópico.

LAR LEGIDO DATA: 24/10/2020

HORA: 20.30 H
LUGAR: Casa do Saber Praza Pío XII, nº 3, 27001 Lugo
Entrada libre ata completar aforo ( limitado a 20/30 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

Nesta ocasión, o investigador e intérprete de son, LAR LEGIDO ofrécenos unha actuación que xira arredor do seu principal instrumento, a batería. Unha sesión na que podemos escoitar novas resonancias deste instrumento, creadas a través da experimentación sonora mediante o uso de diferentes materiais e utilizando o espazo como caixa de resonancia natural.

Un concerto-performance estruturado en varias pezas secuenciadas e xeradas a partir dos “cinco sentimentos”, concepto inmerso nunha linguaxe baterística xerada polo propio artista.

FONOGENIA DATA: 25/10/2020

HORA: 20.30 H
LUGAR: Casa do Saber Praza Pío XII, nº 3, 27001 Lugo
Entrada libre ata completar aforo ( limitado a 20/30 persoas)

Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo e se lles asinará asento.

O ensemble FONOGENIA está formado por tres músicxs de longa traxectoria que traballan dende a linguaxe da improvisación elaborando un espazo de sonoridades moi persoais movéndose entre o ruído, as texturas dispersas e as disonancias máis arrebatadoras.