Ciclo Galego de Teatro Amador

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as novas datas das actividades teatrais adiadas pola crise sanitaria que estaban enmarcadas dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora a área de Cultura.

As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por tres compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante outubro e novembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.

As representacións serán:

· 24 de outubro, 20h: Chicago killers, por Atrezo Teatro. Para todos os públicos.

· 14 de novembro, 20h: Os líos do taxista, por Max Teatro. Para todos os públicos

· 21 de novembro, 20h: A túa ternura molotov, por Axóuxere Teatro. Para maiores de 14 anos