As entradas o concerto de Agoraphobia poden retirarse de balde xa este mércores na área de Cultura da Vicerreitoría de Lugo.
O concerto do grupo boirense de rock alternativo comezará ás 20.00 horas na terraza da Casa do Saber e o aforo é limitado.
Concerto de Agoraphobia na terraza da Casa do Saber.

O programa cultural ‘Na Bocanoite’, unha proposta artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultura e que fusiona as visitas guiadas e musicadas das ‘Noites na Domus’ e as actuacións de música ao vivo incluídas no ciclo ‘Lubicán’, chega este xoves 30 de xullo ao seu colofón co concerto de Agoraphobia.

As persoas interesadas en asistir como público ao concerto ao vivo deste grupo de galego de indie-rock formado en Boiro en 2006 e composto por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo), poden retirar este mércores de balde as entradas nas oficinas da área de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, de 10.00 a 13.00 horas. O despacho das convites para este concerto continuará na mañá do xoves de non esgotarse antes.

O público que presencie o concerto que Agoraphobia ofrecerá desde a terraza da Casa do Saber estará sentado nas 86 cadeiras habilitadas no adro da catedral de Lugo.