Fotografías do «Muralleando sen Parar»
Candorka Trío no Muralleando Sen Parar. Foto: I. Mouronte

O grupo de música folk lucense Candorka Trío acaba de estrear o vídeoclip do seu novo single «Muíños» dirixido polo tamén lucense Alvaro L. Barreiro.

O grupo, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López, constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a «música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo».

O seu primeiro traballo foi Fonsagrada, «froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica».

Candorka Trío foron un dos tres finalistas (xunto a Caldo e Susana Seivane) dos VII Premios Martín Códax da Música do 2020, na categoría de música folk.