O "Festival Bal y Gay" pon música a 7 concellos da Mariña

O festival Bal y Gay, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto nos concellos de Mondoñedo, Foz, Barreiros, Trabada, Viveiro, Lourenzá e Ribadeo, conta coa seguinte programación:

O 12 de agosto na Catedral de Mondoñedo, a Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave inaugurará con obras de Mozart a edición más ambiciosa deste festival no que se ofrece por vez primeira música sinfónica. O 14 na Igrexa parroquial de Foz, o grupo Sponte Sua e a soprano Ana Vieira interpretarán música barroca francesa. O 18 na Igrexa
Santa María do Campo de Viveiro, Cosmos Quartet e o clarinetista Luís Cámara tocarán obras de Haydn e Brahms. As melodías de Beethoven soarán en Foz o día 19 no Pazo de Fontao cun recital de piano e o 20 na Basílica de San Martiño co Cuarteto Quiroga en conmemoración do 250 aniversario do seu nacemento. O sábado 22 o festival ábrese á música jazz cun
concerto de Hot Chocolates en Porto Chico de Foz. A música de Beethoven pechará esta sétima edición cun concerto de Ensemble Bal y Gay o día 24 de agosto no Auditorio de Ribadeo.

O programa musical de Bal y Gay tamén contempla cinco concertos familiares dirixidos aos máis cativos. O sábado 15 o Quinteto Invento ofrecerá o espectáculo Pedro y el lobo en Mondoñedo, Barreiros e Trabada. O domingo 16 Arcos Iris ofrecerá Músicas del mundo en
Viveiro e Lourenzá. O festival completa a súa programación coa proxección do documental Dancing Beethoven o día 16 no Auditorio de Mondoñedo e na Casa da Cultura de Foz e a conferencia “Cómo se transforman sociedades a través de la música”, a cargo de Nathaly Ossa o día 21 en Foz.

Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com

Fonte da foto: Gab. Com. Deputación de Lugo

A Deputada de Promoción do Territorio, Turismo e Réxime Interior, Pilar García Porto, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participaron este luns en Foz na presentación da programación da VII edición do Festival Bal y Gay. Un acto ao que asistiu o presidente da asociación Xesús Bal y Gay, Enriquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o Alcalde de Foz e Presidente da
Mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, a Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.