Afundación, a Obra Social de ABANCA, e Lunwerg Editores presentarán, ao longo dos meses estivais, a mostra de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, «Vivir o mar». Ata o 19 de xullo, poderase contemplar a pé de rúa no baionés Paseo da Palma, trasladando, deste xeito, a cultura aos espazos abertos. A continuación, trasladarase á praza dos Barcos de Sanxenxo, desde o 22 de xullo ata o 9 de agosto. Logo será a quenda de Viveiro, nos xardíns Noriega Varela, desde o 12 ata o 25 de agosto. A seguir, poderase contemplar na avenida da Mariña de Sada, desde o 28 de agosto ata o 13 de setembro.
A mostra de fotografías de Philippe Plisson componse de 35 paneis, entre imaxes e texto, articulados en 7 seccións: As 1000 caras do mar, Acariñando a terra, Construíndo o mar, A conquista do mar, Desafiando ao mar, Gardiáns do mar e A batalla perdida. As emblemáticas fotografías de Plisson son o resultado de vinte e cinco anos de traballo en cincuenta países diferentes. A forza e a beleza das instantáneas axudan a sensibilizar e a visibilizar sobre o estado dos mares e océanos e invitan a adquirir un compromiso coa conservación do medio mariño, orixe e sustento da vida no noso planeta. Da súa vitalidade e conservación depende o mantemento de todo canto existe no mundo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte