A Domus do Mitreo achegouse aos segredos da cociña na antiga Roma.

A programación especial de verán do Museo Universitario A Domus do Mitreo continou este sábado  coa celebración do obradoiro ‘Culina! Unha cociña na Domus’, unha actividade orientada á participación do público familiar e a través da que poden afondar no coñecemento dos segredos da cociña na antiga Roma.

O obradoiro, estruturado nunha visita guiada ao xacemento que acubilla o Museo Universitario A Domus do Mitreo, seguido dunha actividade de arqueoloxía experimental, permitiu ao público participante facer un percorrido pola historia e aproximarse á sociedade, a alimentación e a cultura material da antiga Roma.

As persoas interesadas en tomar parte neste programa específico que se desenvolverá as mañás de todos os sábados dos meses de xullo e agosto, a partir das 11.30 horas, deberán formalizar a súa reserva previa a través do número de teléfono móbil 610 323 926 ou ben no enderezo de correo electrónico mitreo.lugo@galipat.es .