XV edición do festival de música negra e electrónica Sanfroidance

Chegamos á XV edición do festival de música negra e electrónica Sanfroidance, organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound cun cartel dividido en dous días, o 9 de Outubro estará
adicado á música negra, teremos os concertos das bandas Mojo Experience e The Lazy Bones na Praza Camiño Primitivo e o 10 de Outubro na Praza Agro do Rolo actuaran as bandas Allova e Terrae, ambos os días acompañáselles ás visuais o videoartista Juanma Lodo.

Os concertos empezarán ás 20:00h e para o seu acceso deberán cumprirse os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias. As cadeiras estarán separadas 1,5 metros en todas as direccións e haberá dispensadores de xel hidroalcoholico. O recinto estará valado e para poder acceder ao os concertos será preciso reservar entrada previamente no portal www.entradaslugo.es

SanFroidance 2020