Curso de fotografía con Adra Pallón

O fotógrafo lucense colaborador habitual deste medio, Adra Pallón, vai impartir un curso de fotografía en Augatinta a non perder: 

CURSO: A FOTOGRAFÍA COMO EXPRESIÓN
 
Duración e datas do curso: 39 horas presenciais + titorías personalizadas semanais para reforzas as posibles dúbidas que poidan xurdir (online).
 
Datas: Todos os sábados á mañá do 3 de outubro ao 26 de decembro.
 
Número de prazas7
 
Obxectivo do curso:
 
O curso ten como obxectivo central transmitir os coñecementos precisos para que o alumnado sexa quen de expresarse ao través da linguaxe fotográfica cunha voz propia. Para iso presentaremos ferramentas e metodoloxías de traballo que van dende a preprodución á materialización da fotografía no formato adecuado. Para conseguir iso analizaremos e estudaremos os seguintes puntos, dun xeito personalizado:
 
– Metodoloxía de traballo.
– Edición e postprodución fotográfica.
– Manexo de softwares relacionados coa edición, postprodución e xestión da obra fotográfica.
– Referentes: Análise de traballos fotográficos de recoñecido prestixio. Estes servirannos como referencia e punto de partida á hora de atopar a nosa propia linguaxe fotográfica persoal.
– Narrativas visuais.
– Análise individualizado do traballo persoal do alumnado.
 
A quen está dirixido:
 
Está dirixido a todas aquelas persoas que teñan uns coñecementos mínimos sobre o manexo da cámara fotográfica e queiran amplialos e aprender a expresarse a través da fotografía, atopando unha metodoloxía e unha linguaxe propia para facelo.
 
Enfoque do curso:
 
Tera un peso importante a práctica e a exemplificación dos conceptos teóricos a tratar a través de traballos fotográficos de autores de recoñecido prestixio mundial e dos traballos fotográficos realizados polo propio docente do curso.
 
Prezo: 240€ (Repartidos en tres pagos de 80 € cada mes) ou 210€ con pago único.
 
Espazo: Augatinta , Rúa Pontevedra, 10, 27004 Lugo.
 
Nota: Grupos súper reducidos para aumentar o trato persoal e tomar as medidas de prevención necesarias contra o Covid-19.
 
Contacto: Adra Pallón
a.pallon.foto@gmail.com
+34 675146402


Deseño do cartaz: Belén Cordero