A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, dicía na presentación do certame de fotografía MIHL Olladas, que tiña por obxectivo difundir os elementos arquitectónicos do museo a través da fotografía. «Buscamos a mirada das veciñas e veciños de Lugo dun espazo tan singular como o MIHL», afirmou Maite Ferreiro e «fotografías que fagan difusión da arquitectura do MIHL, que poñan en valor os aspectos da mestura entre a arquitectura do edificio e a contorna, que revelen a experiencia das visitantes ou que descubran os recunchos máis recónditos do edificio» concretaban as bases.

O xurado, formado por 3 profesionais da fotografía e tendo en conta o comentado anteriormente, decidiu os 3 premios, dotados con 500, 350 e 200€ para canxear por material fotográfico, que recaeron respectivamente en Katia Lodeiro, David Barreiro e Brais Zárate. “Con este concurso puidemos desfrutar unha vez máis da gran creatividade das veciñas e veciños de Lugo, nesta ocasión no campo da fotografía”, afirmou Maite Ferreiro, que agradeceu a todas as persoas que se presentaron a súa participación.

Foto: Gab. Com. Cultura
Fotografías premiadas no certame fotográfico "MIHL Olladas"

Fonte das fotografías gañadoras: o instagram do Museo MIHL