Inscrición aberta nas actividades nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.
A programación, que se desenvolverá entre o 8 de abril e o 28 de xuño, inclúe 15 propostas de lecer e educación ambiental nestes territorios cun total de máis de 420 prazas dispoñibles para todos os públicos.
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/03/actividades-terras-mino-2024.jpg)
Actividades na Reserva Terras do Miño
As actividades na Reserva Terras do Miño comezarán no Centro de Interpretación Terras do Miño cunha xornada de Economía Circular e Sostibilidade que se celebrará os días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas. Unha iniciativa que porá a disposición da veciñanza 15 prazas.
Obradoiro de técnicas artesanais de secado e preservado de flores celebrarase os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril. Haberá 18 prazas para adultos distribuídas en dous grupos de 9 persoas e un horario de mañá entre as 10:00 e as 14:00 e outro de tarde entre as 15:30 e as 19:30. Esta actividade desenvolverase tamén no Centro de Interpretación Terras do Miño.
Ademais, estas instalacións acollerán do 22 ao 26 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, Actividades Deportivas na Natureza, nas que poderán participar 15 adultos. Esta iniciativa repetirase no mes de maio – os días 13, 14, 15 e 16- co mesmo horario e co mesmo número de prazas.
Os días 6, 7, 8, 9 e 10 de maio, das 16:00 ás 20:00 horas, terá lugar a xornada Como preparar unha horta para a chegada da primavera. Desenvolverase no Centro de Interpretación Terras do Miño e haberá 20 prazas a disposición dos veciños e veciñas.
Taller práctico de reutilización e reciclaxe: as 3R terá lugar os días 20, 21, 22, 23 e 24 de maio entre as 10:00 e as 14:00 horas. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño e haberá 10 prazas a disposición dos adultos.
Os nenos e nenas a partir de 8 anos poderán participar na xornada Facemos música coa reciclaxe, que se celebrará do 27 ao 30 de maio e o 3 de xuño polas tardes, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño e haberá 15 prazas dispoñibles.
Con motivo do Día do Medio Ambiente, o 5 de xuño, celebraranse dúas actividades. A primeira será a inauguración da exposición Desde a reciclaxe á creatividade musical, no Pazo de San Marcos, que se abrirá ao público desde as 12:00 horas e que se poderá visitar ata o vindeiro día 12 de xuño.
Por outra banda, ese mesmo día o Salón de Actos da sede da Deputación de Lugo acollerá ás 20:00 horas a conferencia de Manuel Andrade Pragas Emerxentes. O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo.
O 14 de xuño terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño a xornada Ave do ano, o Abetouro: Bernis e a vaca que muxe. Haberá 15 prazas dispoñibles e o horario será de 10:00 a 14:00 horas.
Baño de árbores é o título doutra xornada que se celebrará os días 18 e 22 de xuño para un total de 30 participantes, que se dividirán en grupos de 15. En ambos casos, o horario será de 10:00 a 14:00 no Centro de Interpretación Terras do Miño.
As actividades nesta Reserva da Biosfera rematarán coa xornada Ciencia Activa no Centro de Interpretación. Esta actividade celebrarase o 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño entre as 10:00 e as 14:00 horas para un máximo de 15 nenos e nenas a partir dos 6 anos.
![](https://vivalugo.es/wp-content/uploads/2024/03/actividades-reserva-ancares-lucenses.jpg)
Actividades na Reserva Os Ancares Lucenses
As actividades na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá arrancarán no Centro Social de Becerreá cunha xornada sobre os Tipos de peches eléctricos para ovino e caprino que se celebrará os días 11 e 25 de maio. O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Haberá 15 prazas para adultos.
Becerreá acollerá tamén o Campamento científico, unha actividade para nenos e nenas que se celebrará os días 25, 26, 27 e 28 de xuño en horario 10:00 a 14:00 horas. Haberá 20 prazas e terá lugar no Centro Social do municipio.
A xornada sobre Plantas medicinais terá lugar o 9 de xuño en Cervantes. A cita será no Edificio de Servizos Múltiples do concello, contará con 15 prazas e terá lugar entre as 10:00 e as 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas.
O CPI de Cervantes celebrará, no marco destas actividades, unha xornada de Busca e estudo de insectos o vindeiro 16 de maio entre as 10:00 e as 14:00 horas no propio centro escolar para o seu alumnado.
Finalmente, haberá outras dúas actividades no concello de Navia de Suarna. Unha xornada co título Tradición e plantas medicinais en Galicia que se celebrará na Escola de Barcia o 28 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Haberá 15 prazas para adultos.
Ademais, 25 persoas poderán participar no Roteiro dos Cortíns, que se celebrará o 11 de maio en horario de 9:00 a 14:00 horas para público familiar. O punto de encontro será a Casa Quindós, situado en Vilela, na parroquia naviega de Son.
Como inscribirse
As persoas interesadas poderán anotarse a través das diferentes canles dispoñibles, chamando ao número de teléfono 982.305.930 e 982.227.812, enviando un correo electrónico a a.ambientais@deputacionlugo.org no caso das actividades de Terras do Miño e ancareslucenses@deputacionlugo.org para as actividades que se desenvolven na Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Tamén hai un espazo habilitado na web da Deputación: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais