A área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo lanzou durante a coarentena o proxecto «Tecendo Brincadeiras», pintando zonas de xogo nas rúas de Lugo para as saídas das nenas e nenos. 

O proxecto está deseñado e dirixido polo gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García desde o que propoñen achegar espazos interactivos que permitan ás nenas e nenos desfrutar das saídas á rúa creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior.

Tecendo Brincadeiras propón xogos pensados para cubrir toda a poboación infantil, un primeiro grupo para idades entre dous e tres anos, e outro grupo de maior complexidade para motivar a nenas e nenos dende os cinco seis anos.

O mapa de tecendo brincadeiras, dos xogos pintados nas rúas de Lugo está en: 

Mapa de "Tecendo Brincadeiras" - Xogos nas rúas de Lugo