Logo de tres meses dende a sesión de setembro, a primeira dende o parón pandémico, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo este
xoves, venres e sábado de primeiros de decembro en pases de 20:30 e 22:30.
Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Por primeira vez na historia de Microefectos poderanse mercar entradas a través dunha plataforma dixital no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/12148/entradas-microefectos-dramaturxicos
En cada pase haberá cincuenta entradas disponibles a vender dende Woutick e vinte na billeteira.
O grupo, que cumpriu oito anos durante este mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Fartura Escribe e dirixe: Conchi Madrina. Interpretan: Conchi Madrina, Brais García e Anxo Manoel.
Inventario Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: Raquel López, Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Elvira Velasco e María Grandío.
Alors on Dance Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: María Grandío, Conchi Madrina e Brais García.
Farsa da señoritinga e o caballerete – Un conto de Nadal Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: Anxo Manoel e Elvira Velasco.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte