Vídeo de lucenses pola responsabilidade este Nadal.

A área de Xuventude do Concello de Lugo, lanzou un vídeo para difundir en redes un chamamento á mocidade a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión…

Un vídeo positivo e emocional, protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, recoñecida polos seus traballos en televisión no Luar e Adiviña quen vén esta noite, ou nas series El desorden que dejas (Netflix), Pazo de Familia ou Matalobos (TVG).

Conta coa participación de máis de 50 persoas da cidade; e están representados case unha vintena de colectivos, grupos, asociacións e clubes de Lugo como Breogán e o Lugo, así como grupos musicais, representates da sanidade e da Fundación Secretario Gitano, ademais de persoas novas, maiores, familias.

Conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.