WK-TeatroUSCLugo-vivalugo

Mellor elenco, mellor iluminación, mellor dirección e mellor espectáculo para "WK"

Maio 2018 Decíamos na fotoreportaxe e non-crónica de «Wk» que resonaba na nosa cabeza nun bucle infinito: Woyzech! Woyzech!... e agora, na cabeza da xenial tropa teatral da USC-Lugo debe resonar, polo menos catro veces catro: WK – WK -WK -WK que son as veces que o xurado do Festival de Teatro Nacional Universitario anunciou os premios a mellor elenco, mellor iluminación, mellor dirección e mellor espectáculo.

Mellor elenco: Adrián del Río, Soraya Comba, Elba Fernández, Enxhi Toska, Giovanni Peixoto y Pablo Fernández

Mellor iluminación: «por la creación de atmósferas y espacios a través de la luz»  Alfredo Sarille

Mellor dirección: Paloma Lugilde

Mellor espectáculo: «WK»peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor, e adaptada por Paloma Lugilde.

 

WK-TeatroUSCLugo-vivalugo

A estos galardóns súmase  o Premio do Xurado da vixésimo terceira edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, tamén por ‘WK’. Todo nun prazo dun par de meses escasos… e dunha de xira coa obra recollendo aplausos do público e galardóns de xurados abraiados ante a forza visual e de contido da obra que estiveron ensaiando preto de 6 meses. Mereceu a pena, vaia se mereceu.

A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo chegarán ao seu fin o vindeiro domingo, día 6 de maio, en León.

WK-TeatroUSCLugo-vivalugo

O Festival Nacional de Teatro Universitario, celebrouse en Toledo e está organizado pola Federación Española de Teatro Universitario en colaboración coa Universidade de Castilla-La Mancha (UCLM) e o apoio do Concello de Toledo. Vai pola súa terceira edición.