Exposición de Adra Pallón nos museos da Rede Museística Provincial de Lugo
“Intrahistorias: Luz entre as cinzas” nos 4 museos da Rede: Museo de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla e Museo do Mar.
Dende o 19 de decembro ata o 1 de marzo.
Adra Pallón. Foto: Marcos Loopez para Viva Lugo

Un dos 25 novos talentos da fotografía mundial, o lucense Adra Pallón, exporá “Intrahistorias: Luz entre as cinzas” nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo. 

As imaxes, realizadas nos últimos 5 anos, reflicten o día a día dos lucenses en distintas realidades. 

O Museo de Lugo contará cunha colección de fotografías dos incendios da provincia; no Pazo de Tor estarán imaxes de feirantes; en San Paio de Narla o protagonismo estará no rural e no Museo do Mar a Loita de Alcoa centrará a exposición.

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

+ de Adra Pallón en Viva Lugo:

Adra Pallón Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022

Lugo na mirada de Adra Pallón

«Se pecha Alcoa, nós tamén»

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo