Os lucenses Man de Santo comezan a súa nova xira no Clavi este sábado 23/04. A Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra serán as seguintes paradas para gozar do seu repertorio de reggae, ska, rocksteady… pero tamén deixándose levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo musical.

O grupo, nado en 2016 na cidade de Lugo, ten a The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, Laurel Aitken, The Specials…como algúns dos seur referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de estándares de jazz ben coñecidos e adaptados para convidar ó baile e ó sorriso cómplice.

A súa presentación oficial foi en Lugo no Sanfroidance-2017 con gran éxito, para máis tarde ser os convidados ao 7o Ska All Night, un prestixioso festival de reggae e ska organizado pola produtora V- Rocket, e polo que pasaron grupos importantes como The Gramophone Allstars, The Upsttemians ou The New York Ska-Jazz Ensemble, tal vez a mellor banda de ska-jazz do mundo.

Recentemente veñen de partcicipar no Bless Festival compartindo escenario co gran Bitty McLean.

Despois: numerosas actuacións en salas e festivais, ata hoxe no que xa é unha banda consolidada da escena nacional.

Formación: Iria de Cabo (guitarra) + María Castro (voz) + Silvia Ouro (saxo tenor) + Alex Troya (saxo alto) + Miguel García (trombón) + Ara Martínez (teclados) + Sabela Al-Soufi (saxo barítono) + Aitor “Who” Martín (batería) + Tino López (baixo)