área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo elabora e comparte unha vez á semana un boletín con información cultural e últimas novas sobre o coronavirus. Xa está dispoñible o que vai do xoves 28 ao mércores 03 de xuño de 2020 no seguinte link – pdf – da web do concello.

Desta volta informan sobre as actividades propostas polo Museo Mihl O Vello Cárcere Museos e Oficina Municipal de Turismo de Lugo, o adianto da programación cultural de xuño con auto-cine, teatro nas prazas e concertos na ronda da muralla, recomendacións en internet e noticias culturais destacadas polos medios de comunicación locais, entre outras. 

Boletín de información cultural da área de Cultura de Lugo – 16