A concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo puso en marcha a iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA o pasado 26/03 para ofrecer ás veciñas e veciños de Lugo unha nova opción de ocio nestes días de peche pola crise sanitaria facendo fotografías nas seguintes modalidades:

NACASA que mostra como están a pasar o encerro as veciñas e veciños de Lugo e DESDEACASA na que se retrata a súa cidade dende as fiestras e balcóns. “O obxectivo desta proposta é que a veciñanza de Lugo siga nas súas casas e obteñan fotos curiosas desta atípica situación que nos tocou vivir”, afirmou Maite Ferreiro.

Hoxe podemos gozar das fotos en dous vídeos compartidos no You Tube da concellería

iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA

Fotografías de:

Ana Folgueiras – Ana Maria Bereciartua – Ana María López Fernández -Andrea López Parapar – Anxo Manoel – Claudia García – Cris Goy – Cristina Penelas – Cuqs – Cuxa- David Barreiro – Eli Otero – Fátima Pérez Calderón  – Isabel Somoza García  – José Bello Moirón – Karte – Kike – Llum Photography – Luis Fernando Suarez Fernández – M. Carmen Sanz De Siria Núñez – Majo – Manuel Buján Peón – María García Morado – Marité R. – Meigalle – Miguel Pedrouzo  -Mónica Álvarez – Noelia Valcarce –  Paulipauliña- Raquel PC – Ringo Xabier – Sara López Temes – Vane Rivas