
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano. O xurado, formado por Esther Muñoz Mena, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Iago Eireos Franco, artista lucense licenciado en Belas Artes e Iván Mouronte Barreiro ilustrador e deseñador gráfico, escolleron a obra de Codés Lillo Irimia entre as 57 concursantes pola súa calidade no deseño.
Maite Ferreiro agradeceu “a todas as participantes no concurso a súa implicación” e afirmou que “das obras recibidas tanto neste concurso como no resto de certames que organizamos durante todo o ano podemos afirmar que Lugo ten unha grande potencia artística”.
