10/12 O mellor cinema mudo con música en directo no Vello Cárcere

DEC 2017 Este domingo 10 de decembro temos unha oportunidade fantástica de disfrutar das primeras pelis da historia do cinema e de clásicos do cinema mudo coa música en directo de Tania Capón (violín) e Maite Belón (piano). Os «Kino Concertos» serán no auditorio do C.S. O Vello Cárcere, por onde pasarán nada máis e nada menos que Charles Chaplin, Harold Lloyd, Buster Keaton …

Público familiar. Entrada de balde.

Sesión das 18:00

  • Chegada do tren á estación – Louis Lumiére
  • O regador regado – Louis Lumiére
  • O heroe do río – Buster Keaton
  • Charlot dentista – Charles Chaplin

Sesión das 18:45

  • Saída dos obreiros da fábrica – Lumiére
  • Charlot bombeiro – Charles Chaplin
  • A Cabra – Harold Lloyd
  • Convicto 13 – Buster Keaton
  • Casado e con sogra – Harold Lloyd

 

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES