Ciclo de cinema «Mulleres» en marzo e abril en Afundación de Lugo

«Mulleres» é a nova proposta cinematográfica de Afundación en Lugo – fondo Praza Maior – . Un ciclo de cinema que xunta catro filmes en clave feminista: Las inocentes de Anne Fontaine; La familia Bélier de Eric Lartigau;  Locas de alegría de Paolo Virzí; e Sufragistas de Sarah Gavron.

Conciénciate, reivindica e goza do bo cinema nas sedes Afundación durante os meses de marzo e abril.

La familia Bélier. Martes, 13 de marzo 20.00 h (VDE)

Entrada de balde ata encher a capacidade.
Eric Lartigau, Francia, 2014. 105 min. TP
Todos os membros da familia Bélier son xordos, agás Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granxa familiar. Debido a que a Paula lle gusta un mozo do instituto, apúntase como el ao grupo do coro. Alí descubrirá o seu talento para o canto…

la_familia_belier-cartel-6101

Sufragistas. Martes, 20 de marzo 20.00 h (VDE)

Entrada de balde ata encher a capacidade.
Sarah Gavron, Reino Unido, 2015. 106 min. NRM 7 anos
O movemento sufraxista naceu en Inglaterra nas vésperas da Primeira Guerra Mundial. A maioría das sufraxistas non procedían das clases altas, senón que eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada.

288073

Locas de alegría. Martes, 3 de abril 20.00 h (VDE)

Entrada de balde ata encher a capacidade.
Locas de alegría (La pazza gioia) Paolo Virzì, Italia, 2016. 116 min. NRM 16 anos
Beatrice é unha condesa lingoreteira e millonaria que está convencida de atoparse entre os círculos íntimos dos líderes políticos mundiais. Pola súa banda Donatella é unha rapaza tatuada, vulnerable e introvertida, rodeada do seu propio halo de misterio. Ambas son pacientes de Villabiondi, unha delirante institución psiquiátrica.

LOCAS-DE-ALEGRIA-cartel

Las inocentes. Martes, 10 de abril 20.00 h (VDE)

Entrada de balde ata encher a capacidade.
Anne Fontaine, Francia, 2016. 115 min. NRM 12 anos
Mathilde Beaulieu é unha médica nova enviada pola Cruz Vermella co fin de garantir a repatriación dos prisioneiros franceses feridos na fronteira entre Alemaña e Polonia. Mais a sorpresa chega cando descobre que unha gran parte das irmás do convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello.

213105