Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontros de Lúa Chea: Por que o decrescimento? con Carlos Taibo

27 de febrero - 19:00

Encontros de Lúa Chea: Por que o decrescimento? con Carlos Taibo

Encontros de Lúa Chea: Por que o decrescimento?

27 de febreiro de 2019 ás 19 h, na cafetaría da EPS de Enxeñaría

Afirmar que “podemos vivir mellor con menos” pode parecer unha simple provocación, a típica frase que se lanza para comezar a discutir.

No entanto, se pensamos que os recursos naturais son limitados, que sobre a Terra viven cada vez máis persoas e que, en principio, todas elas teñen dereito a unha calidade de vida semellante, as cousas cambian. Que vai pasar cos recursos naturais e co medio ambiente cando todas esas persoas pretendan acceder a uns estándares de vida e consumo occidentais?

A teoría do decrecemento propón unha solución para este dilema: as e os habitantes dos países ricos debemos reducir a nosa actividade económica, tanto produtiva como de consumo, para permitir que outras sociedades sigan mellorando o seu nivel de benestar. Pero isto non ten por que significar vivir peor (“podemos vivir mellor con menos”), senón unha oportunidade de recuperar hábitos de vida e valores máis sinxelos, baseados no social e na proximidade, que foron os que historicamente estearon a felicidade do ser humano.

Todo isto, cóntao moito mellor ca nós, Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, e posiblemente a figura máis visible deste movemento no Estado español. E para falar con el, apoiar ou rebater os seus argumentos e descubrir máis sobre unha proposta tan radical e a contracorrente, convidámoste a que te achegues á á cafetaría da EPS de Enxeñaría, este 27 de febreiro ás 19 h.

Os Encontros de Lúa Chea son encontros informais organizados para divulgar contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria.

Detalles

Fecha:
27 de febrero
Hora:
19:00
Evento Categoría: