Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

III Entreno Nacional de Gladiatura: recreación histórica da loita de gladiadores

15 de marzo - 17 de marzo

III Entreno Nacional de Gladiatura:

Lugo converterase esta fin de semana na capital mundial da recreación histórica da loita de gladiadores coa celebración do Entreno Nacional de Gladiatura

Cita impulsada pola asociación Caetra Lucensivm co apoio do Concello,

Ten como obxectivo intercambiar experiencias e técnicas de combate para mellorar a recreación histórica desta práctica.

«Las charlas son totalmente abiertas al público, así como asistir como espectador a los intercambios prácticos entre los distintos grupos gladiatorios.»

O III Adestramento Nacional de Gladiatura arrancará de feito o venres cunha charla de Barriales, ás 20.00h, no patio central do Vello Cárcere, sobre a evolución do retiario.

O sábado, ás 10:00 horas, no Vello Cárcere, terá lugar unha charla sobre as tipoloxías de gladiadores e as súas técnicas de combate segundo as fontes clásicas, a cargo de Alfonso Mañas, doutor en historia do deporte.

Posteriormente, ás 11:30 horas, celebrarase unha sesión práctica aberta ao público na Casa da Xuventude, que se reanudará ás 16:30 horas.

Participarán integrantes de sete asociacións de recreación histórica de toda España: Ludus Vulcanum, Tarraco Ludus, Gesta Gladiatoria, Lacinia Gladiatoria, Lucus Antiquus, VI Victrix e Caetra Lucensivm.

Ás 19:00 horas, Fernando Barriales ofrecerá outra charla sobre a historia de Borea.

A xornada do sábado péchase cunha cena de confraternidade.

O domingo haberá outra visita á cidade e unha comida de despedida.

Detalles

Comienza:
15 de marzo
Finaliza:
17 de marzo
Evento Categoría: