Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programación do Codex Cinema

1 de febrero - 7 de febrero

Cartelera Codex Cinema

A programación do Codex Cinema do venres 01 ao xoves 7 de febreiro trae dúas estreas (Mug e Quién te cantará ) é:

mug-poster
mug-poster

MUG

Polonia / 2018 / 91’ – Título orixinal: Twarz – Dirección Małgorzata Szumowska – Guión Małgorzata Szumowska, Michał Englert
Produción Jacek Drosio, Małgorzata Szumowska, Michał Englert – Montaxe Jacek Drosio
Fotografía Michał Englert –  Música Adam Walick
Elenco Mateusz Kościukiewicz, Agnieszka Podsiadlik, Małgorzata Gorol, Anna Tomaszewska, Dariusz Chojnacki, Robert Talarczyk

Sinopsis
Jacek ama a súa moza, ao seu can e ao heavy metal. A súa familia, a súa cidade natal e os seus compañeiros pensan que é un friki divertido e traballa na construción da que, se supón, será a estatua máis alta de Xesús no planeta. Mais un día, cando un accidente severo desfigura o seu rostro, a súa vida cambiará. Todas as miradas volveranse cara el mentres se somete ao primeiro transplante facial de emerxencia do mundo.

VENRES 01: 17:45H. SALA 1 – 19:30H. SALA 2 – 21:15H. SALA 2
SÁBADO 02: 17:30H. SALA 1 – 19:15H. SALA 1
DOMINGO 03: 18:00H. SALA 1 – 21:00H. SALA 2
MARTES 05: 17:30H. SALA 2 –  21:15H. SALA 1
MÉRCORES 06:  19:45H. SALA 1
XOVES 07: 18:00H. SALA 2 –  21:30H. SALA 2

 

Ötzi
Ötzi
OTZI

Alemaña / 2017 / 96’ Dirección e guión Felix Randau
Produción Jan Krüger Montaxe Vessela Martschewski Fotografía Jakub Bejnaworicz
Música Beat Solèr Son Marc Parisotto
Produtoras Port au Prince Film, Kultur Produktion
Elenco Jürgen Vogel, André M. Hennicke, Sabin Tambrea, Susanne Wuest, Martin Augustin
Scheider, Violetta Schurawlow, Anna F., Axel Stein, Paula Renzler, Franco Nero
Distribuidora Festival Films

Sinopse

Os Alpes de Ötzal hai máis de 5300 anos. Preto dun regato aséntase un poboado neolítico. O seu líder, Kelab, é responsable do santo sagrario, Tineka. Mentres Kelab caza, o asentamento é atacado e os membros da tribo son brutalmente asasinados, a muller e o fillo de Kelab entre eles. Só un bebé sobrevive e Tineka desapareceu. Cegado pola dor e a furia, Kelab só pensa na vinganza.

 

The Guilty
The Guilty
THE GUILTY

Dinamarca / 2018 / 85’
Dirección Gustav Möller Guión Gustav Möller, Emil Nygaard Albertsen
Produción Lina Flint Montaxe Carla Luffe Fotografía Jasper Spanning Son Oskar Skriver
Produtoras Nordik Film Spring Elenco Jakob Cedergren, Jessica Dinnage, Johan Olsen, Omar
Shargawi Distribuidora Festival Films

Sinopse

Asger Holm é un oficial de policía suspendido de funcións e relegado a operador do servizo de
emerxencias. Durante unha quenda nocturna recibe a chamada dunha muller aterrada. Asger descobre que a muller foi secuestrada e así comeza a busca. Recluído na súa mesa da central de emerxencias, Asger terá que localizar e axudar a muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros de todo o país, nunha conta atrás onde non só terá que facer fronte aos acontecementos deste crime, senón tamén aos seus demos persoais.

 

Mi vecino Totoro - Codex Cinema Lugo
Mi vecino Totoro – Codex Cinema Lugo
MI VECINO TOTORO

Título orixinal: Tonari no Totoro – Xapón / 1988 / 86’
Dirección e guión Hayao Miyazaki –  Produción Toru Hara e Yasuyoshi Tokuma
Montaxe Takeshi Seyama – Fotografía Hisao Shirai – Música Joe Hisaishi Arte Kazuo Oga
Produtora Studio Ghibli – Distribuidora Vertigo Films

Sinopse

Satsuki e Mei son dúas nenas que van vivir co pai mentres a súa nai se repón dunha  enfermidade. Para a súa sorpresa, pronto descobren que comparten a casa con algunhas
criaturas bastante inusuais e cuns veciños moi estraños, entre eles Totoro, un espírito do bosque. Cando chegan os problemas, os seus novos amigos axudaranlles a redescubrir a esperanza.

“Poucas filmografías nos últimos 30 anos acadan tanta unanimidade e admiración… O meu veciño Totoro encanta e marabilla a todas as xeracións…”

 

LA TERCERA ESPOSA

Vietnam / 2018 / 96’ – Dirección e guión Ash Mayfair
Produción Ash Mayfair e Trần Thị Bích Ngọc – Montaxe Julie Béziau
Fotografía Chananun Chotrungroj – Música Tôn Thất An
Produtoras An Nam Productions, Three Colors Productions, Mayfair Pictures
Elenco Trần Nữ Yên Khê, Mai Thu Hường, Nguyễn Phương Trà My, Nguyễn Như Quỳnh
Distribuidora Barton Films

Sinopse

No Vietnam rural do século dezanove, unha nena de catorce anos chamada May é entregada nun casamento arranxado converténdose na terceira muller do seu home. May descobre que pode gañar tranquilidade e seguridade se da a luz a un cativo. Queda embarazada, mais o seu
benestar comeza a correr perigo cando comeza a sentirse atraída por Xuan, a segunda esposa.

 

 

Detalles

Comienza:
1 de febrero
Finaliza:
7 de febrero
Categoría del Evento: