lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

126ª Masa Crítica Lugo (Xuño 2018)

28 de junio, 2018 - 20:30

Como todos os últimos xoves de mes desde hai máis de 10 anos, nesta ocasión coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT, o vindeiro día 28 celebrarase en Lugo unha nova edición da «Masa Crítica» (a masa crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación) á que están convocad@s tod@ @s ciclousuari@s lucenses.

Saída, como sempre, ás 20:15 desde a Praza Maior (diante da Casa do Concello). Nun ambiente de festa e diversión (bo tempo, música…) seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.

Agora que non hai cole, ven coas crianzas !!!

Detalles

Fecha:
28 de junio, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X