lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

132ª Masa Crítica Lugo

27 de diciembre, 2018 - 20:00

«Como tódolos últimos xoves de mes dende hai máis de 10 anos, o vindeiro día 27 celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica.

A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s.

Nun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.

Queremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre, e ,cando se circula de noite, luz dianteira e traseira.

MASA CRÍTICA DE LUGO
* Emprega a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes!
* As bicis non obstaculizámo-lo tráfico, somos tráfico!
* Participa, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!»

Detalles

Fecha:
27 de diciembre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X