jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro-circo: «A Danza da Choiva»

11 de marzo, 2018 - 18:30

Compañía: Elefante Elegante
Duración: 50 min.
Teatro Xestual, con Danza, Manipulación de obxectos e Monicreques
Adecuado a público infantil de entre 3 e 8 anos.

 

A Danza da Choiva gañou o Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil

Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal espallados polo espazo. Escóitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e sementan cereais. Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove… O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha DANZA DA CHOIVA coa esperanza de facer chover. Choverá?
 O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse a través da web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.
PROMOVE: A Concellaría de Cultura, en colaboración con Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) e do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequeñas, organiza  a Programación de Circo e Teatro para Público Familiar co fin de crear “un espazo de lecer onde poidan gozar os nenos e nenas cos seus pais e nais”.
Programación de Circo e Teatro para Público Familiar
Programación de Circo e Teatro para Público Familiar

Detalles

Fecha:
11 de marzo, 2018
Hora:
18:30
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
Web:
http://vivalugo.es/artes-escenicas/programacion-de-circo-e-teatro-para-toda-a-familia-en-lugo/

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05
X