
Acto cívico «Lembrando a Xaime da Pena»
16 de diciembre - 19:00

Acto cívico «Lembrando a Xaime da Pena»
A asociación cultural ATENEO GALEGUISTA DE LUGO realizará un acto de homenaxe a D. XAIME DA PENA CEIDE que foi presidente deste Ateneo e faleceu hai unhas semanas despois dunha longa doenza.
O acto será o día 16 de decembro, venres, ás 19:20 h no patio do Vello Cárcere. Intervirán, familiares do finado, membros deste Ateneo e Xosé Manuel González, Carlos Neira e Xoán Antón Pérez Lema.
O Ateneo quere poñer en valor a figura do que foi o seu presidente, home coñecido en Lugo polo seu traballo cultural e político a prol do galeguismo, ademais do seu labor profesional e faceta humana.