16.6 C
Lugo
Jue, 30 Mar 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acto en memoria de Marielle Franco

12 de marzo, 2022 - 12:30

O vindeiro sábado 12 de marzo, ás 12,30 horas, na Praza do Cantiño de Lugo, celebraremos un acto en memoria de Marielle Franco, asasinada xunto ao seu chofer Anderson Gomes o 14 de Marzo de 2018 en Río de Xaneiro.

Baixo a dirección de Paloma Lugilde contaremos coa intervención da Escola Palimoco Teatro Danza con Corpo: Eu voume levantar.

Marielle Franco, de 38 anos, defensora de dereitos humanos e concelleira de Río de Xaneiro era moi coñecida polo seu incansable traballo de denuncia de violacións de dereitos humanos, especialmente contra mozos negros, mulleres e persoas LGBTI, ademais dos abusos e execucións extraxudiciais cometidos polas forzas de seguridade.

O 12 de marzo de 2019, dous expolicías militares foron detidos e acusados de participar nos homicidios pero non se deu paso ningún para identificar aos autores intelectuais.

Detalles

Fecha:
12 de marzo, 2022
Hora:
12:30
Categoría del Evento: