
- Este evento ha pasado.
Afundación Lugo – Cine: Toni Erdmann
3 de marzo, 2020 - 20:00

Afundación Lugo – Cine: Toni Erdmann
20:00 horas – Versión dobrada ao castelán.
A sesión será coa entrada libre e de balde ata completar a capacidade.
Toni Erdmann (Maren Ade, 2016). Inés traballa nunha importante consultora alemá establecida en Bucarest. A súa estresante vida está perfectamente organizada ata que o seu extrovertido e bromista pai Winfried chega de improviso e pregúntalle, «es feliz?» Tras a súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e a avergoña vai axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdman.
Proxectarase o 3 de marzo en Lugo