Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Aterrandonocampusterra» – Eventos para alumnado Campus Lugo

13 de septiembre - 15 de septiembre

«Aterrandonocampusterra» – Eventos para alumnado Campus Lugo

O Concello de Lugo e Universidade únense para levar a cabo esta actividade que ten como
finalidade dar a coñecer as actividades que a nosa cidade e o noso campus lles ofrecen aos
alumnos e alumnas que a partir de setembro forman parte da familia lucense.

PROGRAMA

Visitas guiadas á Domus Do Mitreo:
 Datas: Martes 14 de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 – Mércores 15 de 12:00 a
14:00 e de 18:30 a 20:30
 Descrición da actividade: Visitas de 45 min de grupos ao Museo
 Prazas: 15 persoas por grupo
 Lugar: Domus do Mitreo (Praza Pío XII, fronte á catedral, Porta de Santiago)
Concerto Bojanka Kostova
Praza de Santa María
Datas: Mércores 15 ás 21:30 horas. Apertura de entrada ás 21:10, 2 accesos e saídas. Do 1 ao 80 (acceso 1). Do 81 ao 175 (acceso 2). Ao finalizar o concerto anunciarase a orde de saída por
microfonía Prazas: 175 persoas . En caso de choiva Pavillón do CEIP Anexa
Visitas guiadas con Guido Guía 
 Datas:
Luns 13 de 18:00 a 20:00: LUGO PATRIMONIO MUNDIAL
Martes 14 de 16:00 a 18:00: RESERVA DA BIOSFERA
Mércores 15 de 11:00 a 13:00: ARTE URBANA LUCENSE
 Descrición da actividade :
LUGO PATRIMONIO MUNDIAL: Un paseo pola historia de Lugo cos elementos declarados
Patrimonio da Humanidade UNESCO como fíos condutores: Muralla Romana, Camiño
Primitivo, Catedral de Santa María. Benvidos a Lucus Augusti!
RESERVA DA BIOSFERA: Un paseo pola gran biodiversidade lucense, a única capital da
península ibérica que vive dentro dunha Reserva da Biosfera UNESCO.
ARTE URBANA LUCENSE: Un paseo polas intervencións artísticas da cidade na idade
dourada do graffiti e do muralismo en Lugo
 Lugar de saída: Dende a entrada do Parque Rosalía, concretamente dende o propio busto
de Rosalía de Castro
 Prazas: 20 por visita

Bailando cos corpos: Colectivo Glovo

 Data: 15 de setembro de 16:00 a 17:00 Artista: Colectivo Glovo
 Lugar: Patio de Formación do Profesorado
 Descrición: Actividade na que os asistentes bailan cunha lista de reprodución determinada
nun espazo controlado seguindo as indicacións silenciosas da compañía.
 Prazas: 40
 Obra de teatro: Falar por Falar. Un espectáculo sobre a lingua.
Volta e dálle Teatro.
 Actores: Carlos Santiago, Víctor Mosqueira. Texto e dirección: Carlos Santiago.
Organizado polas Comisións de Normalización lingüística das facultades de Veterinaria e
Formación do Profesorado.
 Lugar: Centro de Convivencia de Fingoi
 Hora: 19:00 horas
 Día: 15 de setembro
 Prazas: 50

CONCERTOS DE MANTEL: Nebra e Infrarroja
Hora: 14:00 a 15:00 horas
Datas, días e lugares: 13 (Infrarroja) Explanada traseira da Facultade de Humanidades / 14 (Nebra)
Explanada da Casa da Xuventude.
En caso de choiva realizarase no Centro de Convivencia de Fingoi, e a capacidade limitaríase aos
50 primeiros reservas
O público será distribuído por manteis mantendo as distancias da COVID, 4 persoas por mantel. O mantel será agasallado pola organización
Accesos e saídas Do 1 ao 60 (acceso 1) . Do 61 a 120 ( acceso 2). Ao finalizar o concerto
anunciarase a orde de saída por microfonía.
Capacidade: 120 persoas

CONCERTOS DE ESTEIRA con Lar Legido
Lugar: Vestíbulo Auditorio da Facultade de Veterinaria
Hora: 22:00 horas
Días: Luns 13 e martes 14 de setembro
Capacidade: 50 persoas cada día
O público disposto en esteiras ao redor do músico escoitará o concerto deitado no chan polo que
debe traer cadansúa esteira.

COÑECE OS SERVIZOS DO CAMPUS A TRAVÉS DE SESIÓNS ABERTAS
 SERVIZO DA BIBLIOTECA – BIBLIOTECA INTERCENTROS
2 PUNTOS NO CAMPUS
Biblioteca Intercentros de Lugo. intprest@usc.gal 98223518
Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado biblioteca.profesorado@usc.gal 982821007
A ACTIVIDADE QUE PODES REALIZAR ESTES DÍAS :

 Nome da actividade:
o Coñece a túa biblioteca
 Descrición:
o Utilizar a biblioteca é garantía de éxito. Axudámosche no teu estudo con atención
persoal, recursos impresos e dixitais, espazos acolledores e amplos horarios. Ven
coñecer os nosos servizos e actividades formativas. Agardámoste.
o Necesario ter a TUI e o correo rai da Universidade
 Datas. 13/14/15
 Horario de 11:00 a 12:00 de 19:00 a 20:00
 Prazas: 15
 Lugar: aula e-terra Biblioteca Intercentros

 VOLUNTARIADO:
sepiu.lugo@usc.gal Telf: 982823594. Fátima Teixeiro
 O Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) está situado no Edificio
Intercentros
 A ACTIVIDADE QUE PODES REALIZAR ESTES DÍAS: Será útil para dar respostas a calquera
pregunta sobre voluntariado, sobre como ser parte de iniciativas que cambian vidas ou
sobre como atopar as experiencias máis interesantes. Todo o que necesitas saber para
aterrar nese mundo solidario no que agora ti podes ser protagonista.
 Datas. 13/14/15
 Horario de 10:00 a 11:00 e de 17:00 a 18:00
 Prazas: 9
 Lugar: CACTUS

 SERVIZO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
snl_lugo@usc.gal ; telf: 982823582 Xusto Rodríguez. O Servizo está situado no Edificio
Intercentros
A ACTIVIDADE QUE PODES REALIZAR ESTES DÍAS : Razóns e recursos para o galego
CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Que rango legal ten o galego na USC? Que consecuencias ten iso? Canto galego se usa? Faise algo
para promover o seu uso? Que recursos me ofrece a USC para usar máis -e mellor- o galego?
E se non teño nin idea, onde podo aprender?
Para responder todas estas preguntas (ou a calquera outra que nos queiras facer) estaremos agardando por ti no CACTUS.
 Datas: 13/14/15
 Horario de 12:00 a 13:00 e de 16:00 a 17:00
 Prazas: 9
 Lugar: CACTUS

 MOBILIDADE INTERNACIONAL
international.lugo@usc.gal telf:982823596
O Servizo está situado no Edificio Intercentros
INTERNATIONAL QUIZZ
CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Pensando en ir estudar fóra? Con esta actividade ímoste informar sobre os programas
Erasmus/SICUE/Bilateral da USC. Ademais, imos facer un Quizz para avaliar os teus coñecementos doutros países e imos invitar os estudantes de intercambio para que nos conten como nos ven desde fóra. Logo desta actividade, non dubidarás en vivir unha experiencia irrepetible e moi
enriquecedora. A que esperas?
 PERSOA QUE VAI REALIZAR A ACTIVIDADE: María Cendán Rojo
 Datas: 13/14/15
 Horario: de 11:00 a 12:00 e de 18:00 a 19:00
 Prazas: 9
 Lugar: CACTUS

 CENTRO DE LINGUAS MODERNAS

clm@usc.gal Telf : 881 814 443
Ten a súa sede na Facultade de Humanidades
A ACTIVIDADE QUE PODES REALIZAR ESTES DÍAS:
Obradoiros abertos de alemán, de francés e de inglés

CONTIDO DA ACTIVIDADE:
 Queres aprender alemán pero pensas que é moi difícil? Queres comprobar a forma de
aprendelo mentres estudas na USC?
 Queres iniciarte en francés ou retomar esta lingua? Queres obter un certificado
internacional DELF?
 Necesitas mellorar o teu inglés e prepararte para unha mobilidade internacional? Pensas
que xa tes un nivel suficiente e queres certificalo?
Calquera destes aspectos e moitos outros podes consultalos no CLM durante estes
obradoiros.
 Datas. Luns 13 CLM obradoiro de alemán
 Martes 14 CLM obradoiro de inglés
 Mércores 15 CLM obradoiro de francés
 Horarios: de 11:00 a 12:00 e de 17:30 a 18:30
 PERSOAS QUE VAN REALIZAR A ACTIVIDADE: Martázul Busto, Alejandro López, Manuel
Fernández
 Prazas: 9 por obradoiro (lista de agarda e posibilidade de ampliar as sesións)
 Lugar: CLM Facultade de Humanidades

 Área de Cultura
cultura.lugo@usc.gal; telf: 982821511

Situada no Pazo de Montenegro na sede da Vicerreitoría do Campus de Lugo en fronte da
catedral. A Área oferta varios espazos. Estes días pódesnos coñecer nas seguintes actividades e
horarios:

ESPAZO DE TEATRO: Dirixido por Roberto Salgueiro
 Datas. Luns 13 (Taller arte dramática) e martes 14 (Teatro de marionetas)
 Horarios: de 10:30 a 12:00 e de 18:30 a 20:00
 Prazas: 10
 Lugar: Aula de Teatro e Danza. Aulario da Facultade de Veterinaria

ESPAZO DE DANZA: Dirixido por Juan Carlos Zahera. Profesora Rosa Acuña
CONECTA CO TEU CORPO
Respirando, sentindo, danzando…
IOGA- DANZA:
Baseándonos en técnicas de ioga conectaremos coa respiración, a relaxación e o movemento a
través de secuencias de poses que nos levarán a unha danza circular, libre… cuxa finalidade é dar
fluidez e flexibilidade ao corpo.
DANZA CREATIVA:
Traballar e adestrar o corpo dende a conciencia e a expresión corporal, traballaremos por parellas,
de xeito individual e en grupo a creatividade, coordinación, expresividade, movemento e danza
libre.
DANZA CONTEMPORÁNEA:Usamos diferentes técnicas de danza, que nos fan beber da conciencia
das posibilidades de danzar co noso corpo e co que nos rodea… o chan, o espazo… empregando a
improvisación para crear sentir e expresar co noso corpo.
Día 14 martes:
12:30 a 14 h: Ioga-danza.
16:30 a 18 h: Danza contemporánea.
Día 15 mércores:
12:30 a 14 h: Danza creativa.
16:30 a 18 h: Danza contemporánea.
 Prazas: 10
 Lugar: Aula de Teatro e Danza. Aulario da Facultade de Veterinaria

ESPAZO DE FOTOGRAFÍA: Taller aberto de Fotografía con Marcos Loopez
ATERRANDO NA FOTOGRAFÍA DE RÚA

 Datas: Luns 13
 Horarios de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
 Prazas: 10
 Lugar: Casa do Saber

ESPAZO DE CINE: Durante o ano hai cursos de guión, dobraxe…
ATERRANDO NA DOBRAXE: con Alicia Taboada
 Datas: Martes 14
 Horarios: de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
 Prazas: 8
 Lugar: Estudo e-terra, Facultade de Humanidades

 SERVIZO DE DEPORTES
servizodeportes.lugo@usc.gal Telf:982823584/600942336 Suso Castro
O Servizo está situado no Edificio Intercentros
 Clases abertas de:
DÍA 13: Zumba
Día 14: Gap
Día 15: Mantenemento-aeróbic-step
 Horarios: de 10:00 a 11:00 e de 17:00 a 18:00
 Prazas: 10
 Lugar: Pavillón 4 Aula de Deportes Facultade de Veterinaria

NOTA IMPORTANTES :
Obrigatorio en todas as actividades o uso da máscara, excepto nos concertos mantel, nos
que estará permitido sacala no momento en que se estea comendo ou bebendo. Deben
manterse todas as medidas sinaladas pola organización, e respectar as distancias na
entrada e na saída de cada unha das actividades.

COMO ASISTIR:
Para todas as actividades debe realizarse reserva de praza:
Para os 5 concertos e a representación teatral, no correo
cultura.lugo@usc.gal
Na mensaxe debe indicarse:
 Nome, apelidos e teléfono de cada un dos asistentes
 Actividade á que desexa asistir
 Data e horario da actividade
No caso dos concertos de mantel resérvase por grupos de 4 conviventes.
As persoas que realizaran a solicitude recibirán confirmación da reserva cun número que
dará acceso á actividade.
Non se permitirán cambios dos asistentes.

Para estas outras actividades través desta aplicación:
VISITAS GUIADAS Á DOMUS DO MITREO: https://forms.office.com/r/63aEstKKCb
VISITAS GUIADAS CON GUIDO GUÍA: https://forms.office.com/r/WhGAeJVSJ9
BAILANDO COS CORPOS: COLECTIVO GLOVO: https://forms.office.com/r/uPHXuwKCgq
BIBLIOTECA: https://forms.office.com/r/eyhQHbthgK
VOLUNTARIADO: https://forms.office.com/r/ahJhs1dN4e
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: https://forms.office.com/r/ytFLBNik6u
MOBILIDADE INTERNACIONAL : https://forms.office.com/r/9parnHbxvn
CENTRO DE LINGUAS MODERNAS: https://forms.office.com/r/60qczAmHG6
TEATRO: https://forms.office.com/r/Lg2bnYNmdv
DANZA: https://forms.office.com/r/Lg2bnYNmdv
FOTOGRAFÍA DE RÚA: https://forms.office.com/r/qgARE5cgwZ
DOBRAXE : https://forms.office.com/r/jE6hL8pJsb
DEPORTES: https://forms.office.com/r/2dgtCT5NtH

Detalles

Comienza:
13 de septiembre
Finaliza:
15 de septiembre
Categoría del Evento: