Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Buñuel no labirinto das tartarugas

18 de octubre - 19:30

Buñuel no labirinto das tartarugas / Día 18 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

Entrada libre e gratuíta. Anotacións  indicando nome, apelidos e nº de teléfono en clubvalleinclan@hotmail.com

Director: Salvador Simó Busom
País: España
Ano: 2018
Xénero: Animación | Cinema dentro do cinema. Anos 30. Cómic
Duración: 86 minutos
Produción: : Sygnatia,The Glow, Submarine
Guión: Eligio R. Montero, Salvador Simó Busom (Cómic: Fermín Solís)
Música: Fotogra
INTÉRPRETES: Animación

SINOPSE: Nunha historia na que a realidade supera á ficción, Buñuel e O labirinto das tartarugas conta a historia de como Luís Buñuel rodou a súa segunda película, o documental As Hurdes, terra sen pan. París, 1930. Salvador Dalí e Luís Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero Buñuel ve como se lle pechan todas as portas despois da escandalosa estrea da Idade de Ouro, a súa primeira película. Con todo, o seu bo amigo, o escultor Ramón Acín, compra un billete de lotería coa tola promesa de que, se gaña, paga o documental que o seu amigo quere rodar sobre As Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España. Incriblemente, a sorte está do seu lado, o billete gaña a Lotería de Nadal e o seu amigo mantén a súa promesa. Unha bela historia de amizade, un episodio fascinante da historia do cinema e unha viaxe onde Luís convértese en Buñuel. VOE

PREMIOS: 2019: Premios do Cinema Europeo: Mellor filme de animación. 2019: Premios Goya: Mellor película de animación. 4 nomeamentos. 2019: Premios Annie: Nomeada a mellor película independente. 2019: Festival de Annecy: Mención do Xurado e mellor banda sonora. 2019: Satellite Awards: Nomeada a mellor película de animación. 2019: Festival de Málaga: Mellor banda sonora. 2019: Premios Feroz: Nomeada a mellor música. 2020: Premios Platino: Mellor película de animación.

Detalles

Fecha:
18 de octubre
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001