
- Este evento ha pasado.
Cata literaria no MIHL de Lugo con Yolanda Castaño
28 de febrero, 2019 - 20:00

- As seguintes citas, que engloban literatura, degustación de tapas e música, terán lugar o 14 de marzo e o 2 de maio. Serán a cargo de María Solar e Marta Robles, respectivamente
- As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria, nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro
- Trátase dunha actividade que engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, en todos os encontros, hai degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium.
A programación arrincará este xoves, 28 de febreiro, co relatorio da poeta Yolanda Castaño, ás 20:00 horas. Licenciada en Filoloxía Hispánica, Castaño dase a coñecer a adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía, ata que en 1994 publica o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras, con 17 anos. Como crítica literaria colaborou en distintas publicacións e participou en varios volumes colectivos. Foi membro do equipo directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e de Lecturas de Cal, unha editorial de poesía destinada aos novos valores. Nesta primeira cata, a banda sonora é do pianista Manuel Varela.
As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro. O número de participantes é limitado a 90 persoas.