domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla «Quen matou a Marielle?»

11 de diciembre, 2018 - 20:00

O martes 11 de decembro, ás 20h, no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (R/ Quiroga Ballesteros), terá lugar a charla «Quen matou a Marielle?» na que contaremos coa participación de Marinete Da Silva, nai de Marielle Franco, e Renata Neder, investigadora de Amnistía Internacional-Brasil.

Na noite do 14 de marzo de 2018, a concelleira da Cámara Municipal de Río de Xaneiro e defensora brasileira dos dereitos humanos Marielle Franco, de 38 anos, foi asasinada a tiros cando regresaba de impartir unha conferencia.

Marielle recibiu catro disparos na cabeza e polo menos tres alcanzaron ao condutor, Anderson Pedro Gomes. Ambos faleceron alí mesmo. Os expertos identificaron que as municións utilizadas pertencían á Policía Federal Brasileira.

Marielle era coñecida por denunciar as violacións de dereitos humanos, fundamentalmente contra xoves, mulleres, persoas negras e LGBTI por parte das forzas de seguridade, incluíndo as execucións extraxudiciais.

Promove: Amnistía Internacional – Lugo

Detalles

Fecha:
11 de diciembre, 2018
Hora:
20:00
X