
Cine – Kobane
22 de marzo - 19:30

Cine – Kobane
22.03.2023 | 19.30h
Lugo
Casa do Saber (Salón de Actos)
O Club Cultural Valle-Inclán e a USC programan o mércores 22 de marzo ás 19.30 horas a proxección do filme ‘Kobane’, de Özlem Yasar.
A sesión desenvolverase na Casa do Saber con entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala. Unha vez iniciada a sesión, non se permitirá o acceso ao recinto.
Ficha do filme
Duración: 158 minutos
País: Siria
Xénero: Bélico. Drama
Sinopse: A pesar de ser superada en número e armamento, unha guerreira kurda guía as súas compañeiras na resistencia para defender a súa cidade, Kobane, da ameaza mortal de ISIS. Unha historia real de guerra, sacrificio, amor e esperanza.